Volver

Eu son Rosalía

Centro: CEIP Couceiro Freijomil, Pontedeume (A Coruña)
Curso: 2018-2019
"Eu son Rosalía" xorde da fusión de dous proxectos que se desenvolven este curso no CEIP Couceiro Freijomil de Pontedeume "O Galego nas Nosas Mans" e "Bo Proveito!". Todo o alumnado do centro, desde 4º de educación infantil ata 6º de educación primaria, participou nesta actividade a partir dunha selección de poemas da autora relacionados coa comida e a fame.