Volver

Concurso de chíos con amor

Centro: IES David Buján, Cambre (A Coruña)
Curso: 2019/2020

O EDLG do IES David Buján, en colaboración co Equipo de Convivencia e co Departamento de Lingua Galega, organiza este I Concurso de Chíos con Amor para celebrar o Día da Candeloria e o casamento dos paxariños. No seu web atoparedes, ademais das bases deste certame, unha breve explicación sobre esta festividade tan tradicional en Galicia.