Volver

Iniciativas innovadoras para traballar desde a casa

Centro: IES Leiras Pulpeiro (Lugo)
Curso: 2019/2020

Ollade que iniciativas tan chulas lle propoñen á rapazada desde o EDLG do IES Leiras Pulpeiro nestes días atípicos de encerro no fogar. Actividades tan variadas como unha reflexión sobre se a palabra coronavirus é con -n ou sen -n, un rescate de palabras coa axuda dos familiares ou un recitado de poemas para celebrar o Día Mundial da Poesía. Cantas ideas para argallar actividades na nosa lingua co alumnado!