Volver

Historias con Letras Galegas

Centro: CEIP Raquel Camacho, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2019/2020

O EDLG e o Equipo de Biblioteca do CEIP Raquel Camacho da Coruña organizaron, en colaboración das familias, unha actividade audiovisual para promover a lectura e as Letras Galegas: escoller un conto en galego, contalo ou representalo sós ou coa familia e enviarlle o vídeo ao centro para publicar no blog, na páxina web do colexio e nas redes sociais. Á iniciativa sumáronse algunhas das autoras máis recoñecidas do panorama literario actual: Eli Ríos, Andrea Barreiro e Eva Mejuto.