Volver

Polivox

Centro: EOI de Vilagarcía, Vilagarcía (Pontevedra)
Curso: 2016/2017

O EDLG da Escola de Idiomas de Vilagarcía conmemorou o Día Europeo das Linguas con este filme subtitulado en galego que continúa estando de actualidade pois nel recóllese un debate plurilingüe (con grupos de discusión de alumnado e profesorado) nas cinco linguas que se imparten na EOI, un debate sobre os prexuízos contra a nosa lingua e a realidade sociolingüística galega que aínda persiste hoxe en día.

A iniciativa completouse repartindo adhesivos co lema "Fala comigo", abrindo faladoiros para o público en xeral e recollendo achegas nun taboleiro co título: Por que aprender linguas?