Volver

Botánicos rebeldes

Centro: IES Fernando Blanco, Cee (A Coruña)
Curso: 2020/2021

A pandemia serviu para que o alumnado de 2º e 4º de ESO e de 1º e 2º de bacharelato do IES Fernando Blanco de Cee se sensibilizase aínda máis sobre a súa relación co medio natural. Así se reflectiu neste fermoso vídeo sobre botánica coordinado pola profesora Belén Lorenzo. Un interesante traballo que nos axudará a identificar, en latín e en galego, as plantas que podemos atopar na nosa contorna máis próxima.