Memorando
Curso: 2020-2021
O pasado 16 de outubro, no Auditorio Cinc da Cidade da Cultura, estreouse Memorando, unha curtametraxe baseada no guión gañador do VI Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero organizado pola Deputación da Coruña. O audiovisual foi realizado por tres alumnas do IES Lamas de Abade e coordinado por Maricarme García Ares, profesora da materia Cinema e Literatura Galega. Na obra evidénciase unha das manifestacions máis frecuentes da violencia de xénero: a violencia económica. A través de tres personaxes que viven en distintos momentos da historia recente de Galicia, vemos como a muller galega tivo que sortear o poder dos homes que a rodeaban para manter o seu criterio e defender as súas ideas. Parabéns ás protagonistas e a todas as persoas que colaboraron neste excelente traballo!