Volver

1º Concurso de Proxectos Innovadores

Centro: IES San Clemente, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2020-2021

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Obradoiro da Igualdade do IES San Clemente de Santiago de Compostela organizan o 1º Concurso de Proxectos Innovadores. Establécense dúas categorías: Galego e Igualdade. O alumnado matriculado en calquera ciclo da familia profesional de Informática que queira participar, deberá presentar unha idea para o desenvolvemento dun proxecto innovador relacionado coa lingua galega e/ou coa igualdade de xénero.