Volver

Bicos a moreas

Centro: CEIP do Foxo, A Estrada (Pontevedra)
Curso: 2020-2021

Esta campaña para etiquetar en lingua galega do CEIP do Foxo (que xa vai pola oitava edición), grazas á colaboración e implicación da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) e a Asociación de Empresarios da Estrada (ACE), vai repartir 15.000 etiquetas entre os comercios e empresas estradenses polo Nadal.Todo o alumnado realizou debuxos para despois facer estas fermosas etiquetas con mensaxes que transmiten desexos, ilusións, soños e outras emocións e que poñen en valor a nosa cultura e a nosa lingua, coa arela de espallalas pola contorna.