Volver

Mulleres de mar

Centro: CEIP A Pedra, Bueu (Pontevedra)
Curso: 2019/2020

O alumnado do CEIP A Pedra quixo renderlles unha homenaxe ás mulleres que traballaban nas conserveiras, en especial ás súas avoas e bisavoas, cunha emotiva exposición sobre elas; alén diso, recibiunas na clase e así puido saber das inxustizas e desigualdades que sufriron no traballo e escoitar as cantigas que adaptaban para cantaren polo baixo.