Volver

Ordes do Meco (pictogramas)

Centro: CEIP Plurilingüe O Mosteirón, Sada e CEIP Plurilingüe Anxo da Garda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2020/2021

A pesar das restricións provocadas pola pandemia da COVID-19, os centros educativos non deixan de celebrar o Entroido e comezan a organizar as súas actuacións festivas. Entre as máis habituais están as ordes do Meco impostas a todo o alumnado do centro. No blog Anxopictogramas podedes ver os mandados deste curso en pictogramas, para que tamén os poidan comprender e seguir os nenos e nenas que empregan este sistema alternativo de comunicación. Parabéns pola actividade e grazas por compartila!