Volver

24 de febreiro, Dia de Rosalía de Castro

Centro: IES David Buján, Cambre, A Coruña
Curso: 2020/2021

Neste centro, desde hai algún tempo, súmanse á celebración desta data repartindo unhas tarxetas en cartolina para que cada alumno escriba un poema da autora (debe indicar obra e data) e o ilustre. Despois faise unha exposición, un concurso e, finalmente, as postais son enviadas á persoa destinataria. Disto encárgase o centro, que procura levalas ao correo o día 24 para que o cuño sexa dese día.