Volver

A baralla do confinamento

Centro: IES Aquis Celenis, Caldas de Reis (Pontevedra)
Curso: 2019/2020

No IES Aquis Celenis buscaron o xeito de homenaxear a todas esas mulleres galegas que desenvolven traballos que antes adoitaban realizar os homes e, durante o confinamento, elaboraron este xogo de baralla para visualizalas. No blog do recurso atoparedes as cartas para descargar (con códigos QR), as instrucións do xogo e toda a información delas segundo o eido no que traballan: Deportes, Artes, Ciencias e Letras.