Volver

Os minerais na ficción

Centro: IES de Allariz, Allariz (Ourense)
Curso: 2021-2022

"Vivimos nunha realidade que supera a ficción, e a ciencia ficción é, á súa vez, un suspiro de realidade na fantasía. Todo o real ten algo de imaxinario e todo o imaxinario ten algo de real.

Consideramos a enxeñaría aeronáutica, a astronomía, a física e a bioloxía como as principais ciencias dos mundos futuristas e irreais dos libros e das películas. Porén, a xeoloxía tamén cumpre un papel moi importante no universo do fantástico. Por iso, decidimos escoller o título «Os minerais da ficción» de entre as máis de vinte opcións propostas”.

Así comeza o excelente proxecto de investigación realizado polas alumnas de 1º de bacharelato do IES de Allariz.