Volver

Teatriño sobre a vida de Rosalía de Castro

Centro: CEIP Ramón de Valenzuela, Bandeira, Silleda (Pontevedra)
Curso: 2021-2022

Para conmemorar o Día de Rosalía, o EDLG do CEIP Ramón de Valenzuela organizou un espectáculo teatral baseado na súa biografía. Nel, ademais, o alumnado recitou e interpretou con moito sentimento os poemas da autora. O premio consistiu nunha boneca de Rosalía de Minecraft e uns adhesivos. E, por último, gravouno todo neste vídeo.