Magníficas da Ciencia
Centro: IES de Allariz, Allariz (Ourense)
Curso: 2020-2021
Curso: 2020-2021
O EDLG do IES de Allariz achéganos esta baralla de mulleres titulada Magníficas da Ciencia que elaborou o alumnado coa aplicación Hearhcards.
No vídeo, unha alumna de 1º de bacharelato describe as 10 cartas creadas por ela e protagonizadas por mulleres científicas relevantes no campo da Química. Deseguido, pódense ver tamén os outros paus formados por magníficas de Física, Medicina, Astronomía...