Volver

Poesía para pasear o mundo

Centro: IES Aquis Celenis, Caldas de Reis (Pontevedra)
Curso: 2021-2022

Neste web, xurdido ao abeiro do proxecto de innovación en dinamización lingüística que leva o mesmo nome, o EDLG do IES Aquis Celenis preséntanos poesías en diferentes linguas recitadas polo alumnado, xunto coa tradución á nosa. Sobre un mapamundi interactivo, en cada continente podemos escoller entre varios países para escoitarmos os podcasts, ler a tradución e coñecer máis do autor ou autora, nunha auténtica viaxe poética internacional.

Unha boa ferramenta para celebrarmos o Día Europeo das Linguas e mais o Día Internacional da Tradución.