Volver

Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego 2022

A Institución Galega da Ciencia (Igaciencia), co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza como en anos anteriores unha nova serie de videoconferencias no mes de novembro, dirixidas ao alumnado dos centros educativos, en especial ao de secundaria, mais tamén ao público en xeral, e impartidas por coñecidos especialistas. Xa está aberto o prazo de inscrición, que finalizará unha semana antes da data de emisión de cada conferencia.