Volver

Sede na Nova Galicia (O poeta que baila, Florencio Delgado Gurriarán)

Centro: IES do Milladoiro, Ames (A Coruña)
Curso: 2022-2023

O pasado 21 de decembro presentouse na Casa da Cultura do Milladoiro de Ames este videoclip dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. O traballo, que contou coa colaboración do sobriño do poeta, Ricardo Gurriarán, Xurxo Souto, Loliña, Richi Casas, Antía Ameixeiras e mais profesorado e alumnado do IES do Milladoiro, intégrase no proxecto O poeta que baila, recoñecido cun premio de innovación educativa en dinamización lingüística da SXPL.