Festa da Candeloria: 2 de febreiro
Centro: IES Escolas Proval, Nigrán (Pontevedra)
Curso: 2021-2022
Curso: 2021-2022
Desde o EDLG e o Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Escolas Proval quixeron recuperar a tradición galega da Candeloria: a celebración do amor e a alegría da primavera que se achega. Con este obxectivo, convocaron un concurso para que o alumnado crease coplas de amor e debuxos ao xeito dos "lenços dos namorados" que aínda se realizan no norte de Portugal. Podedes ver a información na súa páxina web e tamén o vídeo cos produtos resultantes.