Volver

Calendario 2023

Centro: CEIP Plurilingüe Rubiáns, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Curso: 2022-2023

Como cada xaneiro, o EDLG do CEIP de Rubiáns preséntanos o seu calendario anual baseado no proxecto de interese que desenvolve o centro. Neste curso, xogando co nome da súa mascota, titulárono A ciencia hai que sabela. O alumnado investigou e creou un deseño para cada mes sobre persoeiros da ciencia e as súas achegas.