Volver

Laxeiro e Rosalía, un xardín de poesía

Centro: CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2021-2022

O 23 de febreiro de 2022, o EDLG do Pintor Laxeiro quixo conmemorar de maneira conxunta os aniversarios de Rosalía de Castro e do pintor galego que lle dá nome ao colexio. Entre as actividades que realizaron están a interpretación do poema "Alborada" de Cantares gallegos, a plantación de pensamentos (segundo a proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega) ou o seu xardín de poesía, coas recreacións plásticas do estilo de Laxeiro.