Volver

Por que non se ven moitas peliqueiras?

Centro: IES Taboada Chivite, Verín (Ourense)
Curso: 2020-2021

Neste vídeo, creado para a materia de Literatura Universal por unha alumna de 1º de bacharelato do IES Taboada Chivite de Verín, ponse en valor unha das figuras emblemáticas do Entroido Ourensán de Laza.

Nun poema, recitado co galego desa zona dialectal, cuestiona o costume tradicionalmente masculino de vestir o traxe de peliqueiro e honra as mulleres peliqueiras que non se deixaron cohibir e, vestidas de peliqueiras, romperon con este hábito, en especial a Benita Canteira, moi soada e admirada en Laza.