O tempo de Rosalía
Centro: CEIP Luís Seoane, Oleiros (A Coruña)
Curso: 2022-2023
Curso: 2022-2023
Alén dos dípticos de Cantares Gallegos e Follas novas, o CEIP Luís Seoane de Oleiros agasállanos con este interesante material sobre algúns aspectos e curiosidades da época en que transcorreu a vida de Rosalía de Castro.
Saberemos cal era a roupa que vestían os homes e mulleres do seu tempo ou cales eran os medios de transporte e de comunicación que empregaban. Sen dúbida, un traballo que resultará moi útil para a coñecermos mellor a poetisa e a súa obra.