Volver

Berra con nós

Centro: CEIP do Foxo, A Estrada (Pontevedra)
Curso: 2021-2022

"Berra con nós" foi un simbólico acto reivindicativo polo Día da Muller do CEIP do Foxo, no que o alumnado colocou "bocadillos" de texto diante das bocas das súas fotografías con alegatos contra a desigualdade. Ao mesmo tempo uníronse á homenaxe que o Concello lle rendeu a unha muller traballadora, ex-mestra do centro.