Volver

Non ás guerras!

Centro: CEIP Plurilingüe Ría de Vigo, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2021-2022

Hai un ano, o alumnado de 6º de primaria deste colexio, sensibilizado coa situación de Ucraína, empezou a lanzar palabras para fundamentar unha mensaxe moi clara: Non ás guerras! O Guernica de Picasso, a música na que participa o coordinador do EDLG, e a técnica de luz negra fixeron o resto.

Con este conmovedor vídeo, xusto un ano despois, seguen a realizar o mesmo chamamento pola paz.