Volver

Cociña de outono

Centro: IES Monelos, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

No blog do EDLG do IES de Monelos atopamos estas gorentosas receitas de outono nas que cobran especial protagonismo as castañas e outros froitos propios da estación, como as noces ou as abelás.

Alén de poder ver todo o receitario en formato dixital, tamén se poden escoitar as explicacións dalgúns dos cociñeiros e cociñeiras que foron entrevistados na radio escolar deste centro coruñés.