Volver

A castaña, o castiñeiro e o magosto 2023

Centro: CEIP Ramón de la Sagra, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Juan Fernández Latorre, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

Estes tres centros coruñeses comparten con toda a comunidade educativa o seu novo caderno de recursos didácticos relacionados con este tempo dos magostos. Alén de contidos teóricos relacionados coas castañas e os castiñeiros, o traballo tamén inclúe moitas actividades lúdicas (labirintos, recortables, exercicios para colorear, encrucillados, crebacabezas, sopas de letras...) dirixidas, especialmente, ao alumnado de infantil e primaria.