Volver

Mergullándonos na lectura

Centro: Coordinadora de Normalización Lingüística do Morrazo (Pontevedra)
Curso: 2021-2022

Como cada ano, a Coordinadora de Normalización Lingüística do Morrazo ofrécenos a súa guía de agasallos de lecturas e música en galego para este Nadal, dirixidas a infantil, primaria e secundaria, sen esquecer tampouco as persoas adultas. Amais dun suxestivo lema, "A cultura en galego, un océano de sorpresas" contén unha bonita ilustración de Fernanda Patricia, do IES As Barxas e, como podedes ver no blog do EDLG do Carballal, o alumnado xa recibiu a súa.