Volver

Premios aRi[t]mar galiza e portugal 2020

Centro: EOI Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2019-2020

Logo de que o xurado escollese os poemas finalistas deste singular certame promovido pola EOI de Santiago de Compostela en colaboración coa SXPL, xa se abre o prazo para votar os gañadores. Todas as persoas que queiran participar na selección da mellor poesía galega e a mellor poesía portuguesa poden votar a través do web da Escola Oficial de Idiomas, ata as 23.59 h do día 20 de maio. Posteriormente participarán no sorteo duns lotes de libros. Na páxina da EOI pódese consultar toda a información.