Volver

Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística

Resolución

Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2022-2023

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolveron a convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2022/2023.

Seleccionáronse os seguintes proxectos, ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2022/2023 e se establecen as bases reguladoras para realizalos:

- cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:

 

Proxecto

Centro

Concello

provincia

A literatura galega á escena

IES Martaguisela

O Barco de Valdeorras

Ourense

3, 2, 1... Acción!

CEIP Plurilingüe de Reboreda

Redondela

Pontevedra

Rachando roles

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

Ferrol

A Coruña

IES Ricardo Carvalho Calero

Ferrol

A Coruña

CEIP A Solaina

Narón

A Coruña

Luces, cámara... A falar!

IES Ramón Cabanillas

Cambados

Pontevedra

Musigalíza-te

CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto

Boqueixón

A Coruña

 

Cada un destes cinco proxectos recibirá unha dotación económica de 2.000 € para o centro ou centros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén de apoio e asesoramento no seu desenvolvemento e a difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

- un proxecto ao que se lle concede unha Mención de Honra:

Comer e ler en galego

CIFP Paseo das Pontes

A Coruña

A Coruña

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento deste proxecto recibirá unha certificación de Accésit, ademais de apoio e asesoramento durante o seu desenvolvemento e a difusión das experiencias e dos materiais educativos producidos a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Convocatoria

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publican a convocatoria de participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2022/2023.

Os centros públicos admitidos no programa Proxectos de innovación educativa en dinamización Lingüística, no marco do Plan Proxecta+, teñen a obriga de participar. Tamén se poderán presentar os demais centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Ao abeiro desta convocatoria, seleccionaranse cinco proxectos, que terán a consideración de excelentes; cada un deles recibirá unha dotación económica de 2 000 euros. Tamén poderán concederse dúas mencións de honra, de ser o caso.

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos cinco proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. O profesorado dos proxectos recoñecidos, de ser o caso, coa mención de honra recibirá unha certificación de accésit.

O prazo de presentación das solicitudes, que se enviarán exclusivamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, rematará o día 10 de marzo de 2023.