Volver

Dende Ribadeo a Varsovia. Unidos pola lingua

Centro: IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, Ribadeo (Lugo)
Curso: 2017-2018
  • Dende Ribadeo a Varsovia

    Dende Ribadeo a Varsovia

Aproveitando que un ex-alumno do instituto é o lector de galego na Universidade de Varsovia, realizouse un vídeo que supón un diálogo entre o alumnado e o alumnado de lingua galega de Varsovia. O obxectivo é que os rapaces e rapazas do IES coñezan a proxección internacional da nosa lingua e que reflexionen sobre a valoración que lle damos aquí e a que se lle dá fóra. Participaron na actividade, coordinada polo profesor Suso Fernández Acevedo, as alumnas Linda Aristizábal, Irene Logares, Sara Logares, Julia García, Aicha Rajouani e Marina Ramos.