Volver

XIV Semana Cultural

Centro: IES Maximino Romero de Lema, Baio-Zas (A Coruña)
Curso: 2018-2019

Do 13 ao 15 de maio as instalacións do IES Maximino Romero de Baio serán o escenario de moitas das actividades que se desenvolven na súa Semana Cultural. O programa abrangue temáticas moi diversas, desde as artes plásticas, a literatura e a música ata a robótica ou a ecoloxía, sen esquecermos as saídas culturais pola contorna. O centro convértese, unha vez máis, nun importante referente cultural para as vilas e aldeas da Costa da Morte.