Volver

Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2017-2018

Centro: Escola Oficial de idiomas de Santiago de Compostela
Curso: 2017 - 2018
  • Certame aRi[t]mar

    Certame aRi[t]mar

O certame ten varias fases: na primeira, un xurado selecciona os 10 mellores poemas en galego, os 10 mellores poemas en portugués, as 10 mellores cancións en galego e as 10 mellores cancións en portugués; deseguido, realízanse as votacións virtuais para elixir canción e o poema gañadores de cada modalidade; e, por último, os artistas gañadores, xunto cos poetas escollidos posteriormente, actuarán en outubro na Gala de Premios aRi[t]mar Galiza e Portugal.

Neste momento xa comezou a segunda fase e está aberto o prazo para as votacións en liña na categoría de música galega e portuguesa.

As cancións finalistas galegas entre as que o público poderá realizar a súa votación son da autoría de De vacas, O Sonoro Maxín, A banda da Loba, Casandra, SonDaRúa, Uxía, Ataque escampe, Terbutalina, Vizcaíno e Os novos.

Por Portugal resultaron nomeados: Miguel Araújo, Carolina Deslandes, Salvador e Luísa Sobral, Dulce Pontes, Os Quatro e meia, Ana Bacalhau, Mafalda Veiga, Celina da Piedade, Tiago Bettencourt e Sara Tavares.

Todas as persoas que queiran participar na selección da mellor canción galega e a mellor canción portuguesa poden votar a través da web da Escola Oficial de Idiomas, ata as 23.59 h do día 20 de marzo e participarán posteriormente no sorteo dun lote de libros.