Volver

26 de setembro, Día Europeo das Linguas

Centro: IES David Buján, Cambre (A Coruña)
Curso: 2019-2020

O Consello de Europa, no que se agrupan 47 estados e máis de 800 millóns de persoas, instaurou no ano 2001 o Día Europeo das Linguas para celebrar cada 26 de setembro a riqueza do plurilingüismo no noso continente. O IES David Buján de Cambre conmemorou a data con este manifesto multilingüe.