Volver

Experiencias na normalización e dinamización do galego. Xornadas Calviño 2020

Centro: IES Arcebispo Xelmírez I, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2019-2020

Nestas xornadas organizadas polo IES Arcebispo Xelmírez I en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e o CAFI asistiremos, do 3 ao 5 de marzo, aos relatorios dalgunhas das experiencias dinamizadoras máis destacadas dos centros educativos galegos: StarGal, Modelo Burela, Regueifesta ou os 21 días co galego. Entre os participantes: Pilar Ponte, Valentina Formoso, Bernardo Penabade, Carlos Negro, Ana Moreira, Manuel Maseda e Sechu Sende. O profesorado interesado pode incribirse en https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30274