Volver

Bicentenario Concepción Arenal

Centro: IES Concepción Arenal, Ferrol (A Coruña)
Curso: 2019/2020

O 31 de xaneiro celebrouse o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal e o instituto ferrolán que leva o seu nome quixo lembrar esta destacada precursora do feminismo con distintas iniciativas: un cuestionario, un concurso de marcapáxinas, lecturas dramatizadas, unha exposición de obras e unha recompilación das frases máis célebres e reveladoras do seu pensamento.