Volver

Guía da Sala Castelao

Centro: Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra (Pontevedra)
Curso: 2019/2020

O EDLG da EOI de Pontevedra pon á disposición de todo o mundo a Guía da Sala Castelao do Museo de Pontevedra, agora actualizada polo alumnado e o profesorado con máis de 360 ligazóns de imaxes e documentos que permiten ver as obras comentadas e consultar interesantes informacións relacionadas con elas​.

Esta ferramenta dixital pódese usar durante o percorrido pola sala ou a modo de visita virtual para se achegar á vida e á obra de Castelao (e doutras persoas fundamentais na historia de Galicia​ vinculadas a el, como Virxinia Pereira, Alexandre Bóveda ou Ánxel Casal). As imaxes ligadas non se limitan ás das obras expostas senón que tamén amosan aquelas que influíron nas creacións de Castelao​ e incorpora imaxes de obras que influíron nas súas creacións.