Volver

Día de Europa - Pek, a pulga viaxeira 11

Centro: IES San Clemente, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2019/2020

A intensa implicación do IES San Clemente de Santiago de Compostela no Programa eTwinning evidénciase en moitas das actuacións que desenvolve o seu EDLG; entre a últimas, en pleno estado de alarma sanitaria, está a conmemoración do Día de Europa con este entretido kahoot de preguntas relacionadas co espazo europeo. No web deste instituto tamén atoparedes o último número de Pek, a pulga viaxeira, revista plurilingüe de banda deseñada cunha importante presenza do galego e que este ano fai o seu undécimo aniversario.