Volver

O reto das palabras tremelentas

Centro: IES Taboada Chivite, Verín (Ourense)
Curso: 2020-2021

Para que o alumnado aprenda dun xeito lúdico vocabulario, o EDLG do IES Taboada Chivite ideou un reto que finaliza o día de Samaín e co que abofé que terá que espremer os miolos: buscar e completar nunha árbore palabras asociadas ao medo tales como terror, tremer, horror... Atréveste a participar? Ollo, non se poden repetir!