Volver

O libro da vida

Centro: IES Taboada Chivite, Verín (Ourense)
Curso: 2020/2021

Desde o IES Taboada Chivite achégannos este libro da vida no que imos atopar páxinas que zumegan o máis puro dos amores e outras cheas de saudades e morriñas. Serven para salientar a importancia das avoas e dos avós que cos seus aloumiños curan as feridas das almas e nos axudan a medrar. Velaquí unha delas.