Volver

Mulleres da Idade Media

Centro: IES Illa de Ons, Bueu (Pontevedra)
Curso: 2020/2021

Neste proxecto sobre interesantes mulleres medievais coa que conmemorou o día 8 de marzo, o alumnado do IES Illa de Ons inclúe unha exposición interactiva con códigos QR que vos permitirán escoitar a serie de podcasts Máis que mulleres, con recreacións históricas dramatizadas por rapazas e rapaces sobre cada unha delas. Mergullarémonos así na historia silenciada da primeira xinecóloga, dunha monxa iluminadora de miniaturas, dunha raíña feminista etc. e podemos ver tamén as chapas e os divertidos cabezudos creados coas súas imaxes.