Volver

Documental "A tradición ancestral das danzas e cantos de Reis"

Centro: IES do Barral e CIFP A Granxa, Ponteareas (Pontevedra)
Curso: 2021-2022

Co gallo de recuperar e divulgar a riqueza do patrimonio inmaterial dos cantos e danzas de Nadal e Reis de Ponteareas, aos que por alí lles chaman "ranchos", os EDLG destes centros elaboraron conxuntamente este documental, boa mostra da transmisión desta cultura ás xeracións máis novas.