Volver

Xoias da tradición oral

Centro: CEIP López Ferreiro, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2021-2022

Dúas familias da comunidade educativa do CEIP López Ferreiro agasalláronnos con estas excelentes mostras da recolla de tradición oral gravadas hai máis de 20 anos para un episodio dunha serie da TVG denominada A palabra no tempo. Sara, a protagonista, achéganos a historias e lendas que lle deron forma ao imaxinario do Mar das Carolas (na Mariña lucense) e que grazas a ela se conservaron.