Volver

Un día con papá

Centro: CEIP O Carballal, Marín (Pontevedra)
Curso: 2021-2022

No seo do EDLG do CEIP Carballal de Marín naceu este fermoso proxecto que inclúe 10 animacións con karaoke que narran a marabillosa historia dunha xornada de lecer dunha nena (Xela) co seu pai (Anxo).

As letras son de Fina Casalderrey e a música do profesor e coordinador do EDLG, Víctor Castro. Velaquí a lista de reprodución para que poidades cantar co voso alumnado.