Volver

Xogos para o Día Europeo das Linguas

Centro: IES David Buján, Cambre (A Coruña)
Curso: 2021-2022

A comunidade educativa deste centro conmemora o Día Europeo das Linguas con dous xogos-concursos en liña aos que se pode xogar desde calquera punto. O primeiro concurso consiste en situar algunhas linguas de Europa nun mapa. No segundo hai que diferenciar linguas europeas e non europeas. As 20 mellores xogadoras e xogadores colocaranse na táboa clasificatoria.