Volver

O meniño rei, un conto de Nadal

Centro: CPR Compañía de María, Ferrol (A Coruña)
Curso: 2021-2022

Escolas Católicas de Galicia, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, acaba de lle outorgar o Premio Irmán Reboiras 2022 ao conto interactivo O Meniño Rei.

Trátase dunha iniciativa coordinada polo profesor de Música, Alberto Hermáns, xunto co Departamento de Pastoral e do EDLG deste centro ferrolán. O proxecto inclúe un audioconto narrado para a radio escolar polo alumnado de 6º de primaria; oito panxoliñas que acompañan a historia do Nadal, gravadas no estudio de música do colexio; un crebacabezas coa ilustración do conto creada por Fernando Martínez Vizoso e un xogo de preguntas (tipo escape) sobre a letra dos vilancicos que se interpretan no relato.

Alén destas actuacións, cómpre destacar o labor de difusión do alumnado, que cantou e bailou as panxoliñas polas rúas e prazas de Ferrol.