Volver

Convocatoria dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2022/2023.

Premios

Establécense tres categorías, con cadanseu premio:

  • Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil
  • Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria
  • Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria

Ademais, poderá concederse, a xuízo da Comisión de Selección, un accésit para cada categoría.

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. De ser o caso, o profesorado que participe nas curtas recoñecidas cun accésit recibirá unha certificación de accésit.

Os colexios recibirán, ademais dun lote de libros, un contrasinal de acceso á Plataforma OQO de contidos dixitais en galego durante o curso 2022-2023, para poder acceder aos álbums ilustrados sen necesidade de manipulalos, de ser preciso.

Os centros públicos admitidos no programa Nós tamén creamos! no marco do Plan Proxecta+ quedarán inscritos de oficio no certame. Para os demais centros de titularidade pública, o prazo de presentación das solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia rematará o día 1 de febreiro de 2023. A data límite de envío das curtametraxes será o 30 de maio de 2022.

Curtas baseadas en libros

Nesta edición, as curtas deben basearse nalgún dos seguintes libros en galego de OQO editora, que se lles envían aos centros educativos participantes no certame e no programa:

Nariz de ouro. Autora: Raquel Saiz / Ilustradora: Juliana Bollini

Sígueme! Autor: José Campanari / Ilustrador: Roger Olmos

Zimbo. Autor: Arturo Abad / Ilustradora: Joanna Concejo

Non fai falta a voz. Autor: Armando Quintero / Ilustrador: Marco Somá

Ravioli. Autor: David Hernández Sevillano / Ilustradora: Anna Forlati

Rumores no bosque. Autora: Pilar Serrano / Ilustradora: Laia Domènech

Oso somnámbulo. Autora: Joana Rocha / Ilustrador: Zé Carlos Pinto

O cascabel da gata. Autor: Pablo Albo / Ilustrador: Raúl Nieto

Os tres porquiños. Autora: Raquel Méndez / Ilustradora: Helga Bansch

Os sete cabritos. Autora: Tareixa Alonso / Ilustradora: Teresa Lima

A princesa do Caurel. Autor: Patacrúa / Ilustrador: Javier Solchaga

Tonino. Autor: Miguel Salars / Ilustrador: Paolo Domeniconi