Volver

Rap e curta 'Invisible' contra o acoso escolar

Centro: CEIP Espiñeira-Aldán, Cangas (Pontevedra)
Curso: 2022 - 2023

O alumnado do CEIP Espiñeira-Aldán, sensibilizado co grave problema do acoso escolar, elaborou esta combativa curtametraxe inspirándose no libro Invisible de Eloy Moreno. Nela interpretan exemplos de escenas onde se dan estes abusos e un rap da súa creación no que indican claramente que non hai que mirar para outro lado.