Volver

A guerra das linguas

Centro: IES Martaguisela, O Barco de Valdeorras (Ourense)
Curso: 2022 - 2023

No marco do proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística A literatura galega á escena, recentemente galardoado, o alumnado e o profesorado do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras acordou crear e representar varias obras de teatro coas que fomentar o galego oral e, ao mesmo tempo e dar a coñecer as épocas, obras e autoras e autores da nosa literatura.

A guerra das linguas, o segundo dos guións, é unha sorprendente distopía ambientada no ano 2630 na que os personaxes lembran os duros acontecementos dos Séculos Escuros e, ao descubriren o seu pasado, descobren tamén como poden reverter a situación. Unha proposta moi acaída para este inicio de curso no que cómpre planificar as actividades de dinamización da lingua galega.